jueves, 15 de abril de 2021

Nova versión de SWING LOW

 Moi boas corísticos

Poño aquí os enlaces para o Midi (que poderedes abrir con MUSESCORE e escoitar todalas voces xuntas ou por separado e tamén imprimila partitura) e máis a letra de "Swing Low"

Ídelle botando unha ollada porque en breve comezaremos a traballala

Swing Low. Letra

Swing Low. Midi

Ánimo!



jueves, 28 de enero de 2021

"So ell encina" Anónimo. Cancionero de Palacio s.XVI. Partitura e midi

 Moi boas corísticxs

Aquí tendes a partitura en PDF e o MIDI da obra "So ell encina" para que vos resulte máis doado traballala.

So ell encina. PDF

So ell encina. MIDI

Recordade que o arquivo MIDI o podedes abrir con MUSESCORE e así poder escoitar cada unha das cordas (xuntas ou por separado).

martes, 2 de junio de 2020

Exercicio de entonación. Queimadeos. Cantacomigo. Audición. Boletín ETRAD 13

Moi boas, corísticxs!

Esta será a derradeira entrada por este curso e quería agradecervos moitísimo q estivérades aí e que non vos desvinculárades da escola. Podo falar por parte de todolxs profes se digo que estes meses foron complexos para todxs, pero o que nos moveu para continuar foi o amor á música e o cariño hacia vós. Bótovos de menos, pero estou convencida de que isto rematará e sairemos reforzados. 

Imos aló! Primeiro, un pequeno exercicio de entonación de cara a que cada vez vos resulte máis doado seguir as partituras.


Entonación 1 Nivel Elemental


A semana pasada enviei as partituras, enc, MIDI e letra da canción que podería ser o bis para o noso concerto. Así que esta semana toca o "canta comigo" de "Queimadelos". Animádevos a cantar.


E para rematar ... Un vídeo dos adorados "Kings singers" en confinamento. DISFRUTADE!!!


Foi un pracer tervos este ano e agardo que sigades para o próximo ... Lembrade que temos uns cantos concertos pendentes! 

UN BIQUIÑO ENORME e MOITÍSIMAS GRAZAS por SER e ESTAR!

Xela Conde Fernández

Vocalizacións. Queimadelos. Partitura,midi e letra. Boletín ETRAD 12

Moi boas corísticos

Agardo que sigades moi ben.Con este sol calqueira se anima.

Imos coa penúltima entrada do curso. VEÑA!

Antes de nada, un pouco de exercicios de vocalización para quencer e igualar vogais e voces coa calidade vocal que precisamos.

Exercicio de vocalización

Temos o repertorio para o concerto que daremos en canto poidamos (que non decaia) pero inda non pensáramos nun bis. Así que creo que a canción que vos enlazo esta semana ben pode valer.

"Queimadelos" é unha canción tradicional á que lle fixen un arranxo coral. Xa a temos feito no coro e é moi alegre e faciliña. Xs que xa a saibades a podedes repasar e quen non aprendela.

Aquí vos enlazo a letra, partitura PDF, arquivo encore e MIDI

"Queimadelos"

E por último, envío unha audición dun grupo de cantantes femeninas moi boas. Agardo que o disfrutedes.


Brrrlak - Zap Mama


Pasádeo moi ben e biquiños positivos!

Xela Conde Fernández

martes, 19 de mayo de 2020

Canta comigo. Prendi lo scarmo. Película. Boletín ETRAD 11

Moi boas corísticxs

E vai outra semana! Na anterior repasáchedes a partitura e letra da canción "Prendi lo scarmo", así que agardo que esteades preparadxs para cantala comigo.

Aquí vai o enlace:

Prendi lo scarmo. Canta comigo

Nas vindeiras semanas seguiremos repasando as cancións deste ano e posiblemente algunha de anos anteriores.

E fai uns días atopeime con esta película que vai sobre un neno que entra a formar parte dun coro. Vouvos poñer o enlace aquí por se vos interesa vela. Creo que merece a pena unha ollada

El coro (Boychoir)

E nada máis polo de agora. Seguide cantando, que quen canta os seus males espanta!

Mil biquiños positivos!

Xela Conde Fernández